Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Denuncian o estado de abandono e insalubridade das instalacións do colexio do antigo Campo da Feira

14, Xuño 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un numeroso grupo de pais e nais do colexio infantil do antigo Campo da Feira, dependente do Colexio Calvo Sotelo, trasladaron esta mañá a súa preocupación ao concelleiro de educación, Diego Fernández, pola problemática que afecta ás instalacións escolares.

Apuntan á falta de limpeza que está provocando problemas de insalubridade, xa que -aseguran- incluso se detectaron varios casos de cativos afectados por enfermidades provocadas pola presenza de pulgas nas instalacións.

Referíronse a outro tipo de deficiencias, como a falta de mantemento das instalacións exteriores e o deterioro de elementos de xogo, que mesmo poñen en perigo a seguridade dos cativos.

Lamentan, ademáis a actitude da dirección do colexio "que nin xiquera atende os nosos escritos e nin xiquera se digna a recibirnos para que lle traslademos toda a preocupación que sentimos por esta situación", manifestan.

Pola súa parte, o concelleiro de educación Diego Fernández subliñou "que o concello non debería ter competencias nesta materia, pero asi e todo dedicamos perto dos 60.000 euros anuais a limpeza nestes centros escolares". Ademáis, comprometeuse a trasladar estas queixas á Consellería de Educación.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/denuncian-o-estado-de-abandono-e-insalubridade-das-instalacions-do-colexio-do-antigo-campo-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/denuncian-o-estado-de-abandono-e-insalubridade-das-instalacions-do-colexio-do-antigo-campo-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/denuncian-o-estado-de-abandono-e-insalubridade-das-instalacions-do-colexio-do-antigo-campo-da [3] whatsapp://send?text=Denuncian o estado de abandono e insalubridade das instalacións do colexio do antigo Campo da Feira http://copecarballino.es/novas/denuncian-o-estado-de-abandono-e-insalubridade-das-instalacions-do-colexio-do-antigo-campo-da [4] http://copecarballino.es/print/46049