Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A cidade portuguesa de Viana do Castelo e a Xuntaza de Peñas protagonizan a xornada prólogo da Festa do Pulpo

12, Agosto 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, recibe este sabado dia 13 no concello ao seu homólogo da cidade portuguesa de Viana do Castelo, o presidente da cámara municipal, José María Costa.

O acto desenvolverase ás 13,00 h., e a continuación, ás 13,30 h., efectuarán un saúdo aos medios de comunicación no salón de plenos do concello.

José María Costa visitará O Carballiño acompañado doutras autoridades municipais de Viana, entre elas, a concelleira de Cultura, María José Guerreiro, así como un nutrido grupo de mardomias.

A delegación portuguesa virá acompañada tamen polos tradicionais cabezudos da cidade, que ofrecerán pola tarde un pasarrúas pola vila, a partir de 18,30 h., rematando na Praza Mayor arredor das 19,30 h.

A esa hora comezará a Festa das Camiseras das Peñas, con máis de dous mil mozos e mozas repartidos en un cento de peñas que se inscribiron para participar no concurso de deseños de camisetas alusivas á Festa do Pulpo. Cada Peña recibirá unha axuda de 60 euros por participar, e haberá dous premios de 200 euros para as dúas peñas que presenten o mellor deseño de camiseta ou o maior número de integrantes.

A Festa das Peñas comezará ás 20,00 h., na Praza Mayor, e estará amenizada por un Dj, se ben a mocedade xa comezará a concentrarse neste lugar a partir das 19,00 h.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/cidade-portuguesa-de-viana-do-castelo-e-xuntaza-de-penas-protagonizan-xornada-prologo-da-festa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cidade-portuguesa-de-viana-do-castelo-e-xuntaza-de-penas-protagonizan-xornada-prologo-da-festa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cidade-portuguesa-de-viana-do-castelo-e-xuntaza-de-penas-protagonizan-xornada-prologo-da-festa [3] whatsapp://send?text=A cidade portuguesa de Viana do Castelo e a Xuntaza de Peñas protagonizan a xornada prólogo da Festa do Pulpo http://copecarballino.es/novas/cidade-portuguesa-de-viana-do-castelo-e-xuntaza-de-penas-protagonizan-xornada-prologo-da-festa [4] http://copecarballino.es/print/46229