Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Maside celebra San Vitorio con concertos, verbenas, e outras actividades festivas

24, Agosto 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

As noites de cine na Praza Maior de Maside durante esta semana marcan o prólogo ás festas de San Vitorio, que celebra a vila de Maside, e que vivirá os seus dias grandes os dias 27 e 28 de Agosto, sábado e domingo.

Antes, o venres 25, Maside irá entrando en ambiente festivo coa "Noite Folk e Troula", coa actuación do grupo "Calandracas" e outros espontáneos, que animarán os bares e cafeterias de Maside.

O sábado 27 ofrecerá pasarrúas da Banda de Música de Barbadás, que ofrecerá un concerto na Praza Maior ás 13:30 horas. A Coral A Torre será a encargada de solemnizar a misa solemne na hora ao san Vitorio na igrexa parroquial.

A verbena do sábado estará amenizada polas orquestas New York e Catedral, e as 12 da noite está programada unha sesión de fogo de lucería.

A Banda de Música do Carballiño é a invitada para os pasarrúas e concerto do domingo 28, mentres que o Orfeón do Carballiño cantará a misa solemne. 

Para a verbena do domingo estará en Maside a orquestra tango, e ademáis, na noite do domingo será a actuación musical estelar deste San Vitorio 2016 "La edad de oro del pop español", coa participación de varios artistas que triunfaron nas décadas dos 80 e os 90 do século pasado.

Os dous dias, a Alameda de maside será o escenario que acolla unha singular Feira-mostra de artesanía, na que os artesáns son nenos e rapaces ata os 16 anos de idade.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/maside-celebra-san-vitorio-con-concertos-verbenas-e-outras-actividades-festivas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-celebra-san-vitorio-con-concertos-verbenas-e-outras-actividades-festivas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/maside-celebra-san-vitorio-con-concertos-verbenas-e-outras-actividades-festivas [3] whatsapp://send?text=Maside celebra San Vitorio con concertos, verbenas, e outras actividades festivas http://copecarballino.es/novas/maside-celebra-san-vitorio-con-concertos-verbenas-e-outras-actividades-festivas [4] http://copecarballino.es/print/46273