Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta aprobará un decreto de emerxencias para paliar os danos dos incendios forestais, entre eles o rexistrado no municipio de Avión

29, Agosto 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse cos alcaldes de Avión e a Pobra de Trives, Antonio Montero e Francisco José Fernández, para analizar as consecuencias dos lumes que afectaron aos seus municipios no mes de agosto e onde foi preciso decretar como medida preventiva a situación 2.

No encontro tamén estivo presente o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto.

Xuntos mantiveron unha reunión de traballo para valorar que actuacións se poden levar a cabo para rexenerar o monte e recuperar os bens afectados. Ángeles Vázquez anunciou que o decreto de emerxencias que permitirá paliar os danos producidos nesta vaga de incendios irá en breve a Consello da Xunta, co obxectivo de comezar canto antes a traballar.

As achegas virán de fondos de Vicepresidencia, Facenda, Medio Ambiente e Medio Rural. Desta última consellería, sinalou a titular, depende a repoboación dos montes, así como as ordes de axudas para que a capa vexetal do monte non quede desprotexida ante as choivas do inverno, mentres que o resto de consellerías faranse cargo de sufragar o arranxo dos danos producidos nas infraestruturas, así como axudas aos afectados.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-aprobara-un-decreto-de-emerxencias-para-paliar-os-danos-dos-incendios-forestais-entre

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-aprobara-un-decreto-de-emerxencias-para-paliar-os-danos-dos-incendios-forestais-entre [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-aprobara-un-decreto-de-emerxencias-para-paliar-os-danos-dos-incendios-forestais-entre [3] whatsapp://send?text=A Xunta aprobará un decreto de emerxencias para paliar os danos dos incendios forestais, entre eles o rexistrado no municipio de Avión http://copecarballino.es/novas/xunta-aprobara-un-decreto-de-emerxencias-para-paliar-os-danos-dos-incendios-forestais-entre [4] http://copecarballino.es/print/46285