Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Comezan as obras de construcción dun mirador sobre sobre o río Arenteiro, asi como a mellora da Pista Roxa

10, Outubro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Paseo do Arenteiro contará a finais deste mes cun novo mirador e acceso peonil entre o sendeiro e a Avenida do Balneario.

Estará ubicado no remate da rúa Río Avia, moi preto do Balneario. Trátase dunha rúa sen saída e cun gran desnivel sobre o sendeiro da ribeira esquerda do Arenteiro, polo que este proxecto, redactado polo arquitecto municipal, cumpre un dobre obxectivo: por un lado, mellorar a seguridade, e por outro, facilitar o acceso entre esta rúa e o paseo do río, ademáis de embelecer o lugar.

Así, a remodelación consiste na construcción dunha praza-mirador, de 2,70 metros de altura sobre o nivel do paseo do río, e de dúas vías de acceso, unha en escaleira pola marxe dereita, e outra en rampa pola marxe esquerda.

Tanto a praza-mirador, como a escaleira e a rampa irán recubertas de pedra, e terán unha baranda de ferro. Tamén está prevista a colocación de bancos de forxa e madeira.

Para executar esta obra, que ten un custo global duns 50.000 euros, o concello conta cunha subvención de 40.000 euros da Dirección de Turismo da Xunta de Galicia, segundo un convenio asinado o pasado verán entre o alcalde, Francisco Fumega, e a Directora de Turismo, Nava Castro.

Hoxe realizáronse diversas medicións no lugar do emprazamento deste novo mirador, e as obras comezarán de inmediato, calculándose que poderían estar rematadas a finais deste mes de outubro.

Doutra parte, o concello carballiñés comeza esta semana unha actuación de mellora na pista roxa, na Praza do Emigrante do Carballiño.

Esta actuación de reforma -recorda o Partido Popular- formaba parte dos compromisos adquiridos polo grupo de goberno ante o PP, para que os populares facilitasen a aprobación dos orzamentos municipais para o ano 2016.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-construccion-dun-mirador-sobre-sobre-o-rio-arenteiro-asi-como-mellora-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-construccion-dun-mirador-sobre-sobre-o-rio-arenteiro-asi-como-mellora-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-construccion-dun-mirador-sobre-sobre-o-rio-arenteiro-asi-como-mellora-da [3] whatsapp://send?text=Comezan as obras de construcción dun mirador sobre sobre o río Arenteiro, asi como a mellora da Pista Roxa http://copecarballino.es/novas/comezan-obras-de-construccion-dun-mirador-sobre-sobre-o-rio-arenteiro-asi-como-mellora-da [4] http://copecarballino.es/print/46394