Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O carballiñés Miguel Anxo Fernàndez, premio de novela Blanco-Amor pola súa obra "Blues para Moraima"

28, Novembro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A entrega do galardón terá lugar o próximo dia 1 de Decembro no Liceo de Ourense, coincidindo esa data do 37 cabodano da morte do autor da Esmorga.

O xurado do XXXV premio Eduardo Blanco Amor de novela longa acordou outorgar o mesmo ao escritor, ensaísta e investigador cinematografico carballiñés Miguel Anxo Fernández pola súa novela "Blues pra Moraima", pola súa "axilidade narrativa e o tratamento histórico dunha época e a introdución do tema do cine e a televisión como canle de desenvolvemento dunha intriga que atrapa ao lector".

Ademáis da súa faceta de escritor, Miguel Anxo Fernández é autor de numerosas publicacións sobre a historia do cine galego, e ademáis exerce como membro da sección de lingua, literatura e comunicación no Consello da Cultura Galega, asi como coordenador do programa Audiovisual nas aulas para o Consorcio Audiovisual de Galicia.

O carballiñés recibirá ademáis do premio dotado con 12.000 euros, unha escultura do artísta Acísclo Manzano.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballines-miguel-anxo-fernandez-premio-de-novela-blanco-amor-pola-sua-obra-blues-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballines-miguel-anxo-fernandez-premio-de-novela-blanco-amor-pola-sua-obra-blues-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballines-miguel-anxo-fernandez-premio-de-novela-blanco-amor-pola-sua-obra-blues-para [3] whatsapp://send?text=O carballiñés Miguel Anxo Fernàndez, premio de novela Blanco-Amor pola súa obra [4] http://copecarballino.es/print/46541