Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Grupo Cer&Ber recibe o premio Azougue 2016

3, Decembro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os fundadores, fai 33 anos, do Grupo Cer&Ber, Rosa Cerdeira e José Manuel Bernárdez, e a súa familia, recibiron da man da directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, o premio Azougue 2016.

O galardón, creado fai 10 anos pola Asociación local de Comerciantes e Empresarios recoñece a traxectoría comercial e empresarial carballiñesa, e tamén o seu compromio e implicación coa sociedade carballiñesa.

O acto desenvolveuse con gran éxito de convocatoria no marco da 10ª Festa do Comercio do Carballiño, cunha cea de gala servida por Restaurante Derby, e á que asistiron 250 persoas, comerciantes e socios do Centro Comercial Aberto,  tamén moitos clientes do Grupo Cer&Ber, asi como numerosos amigos dos galardonados.

Ademáis da intervención da directora xeral de comercio, dirixiron alocucións e salientaron ós méritos que concorren no Grupo Cer&Ber o presidente do CCA Julián Garriga, o alcalde Francisco Fumega e o concelleiro de comercio Adolfo Nogueira.

No nome da familia Bernárdez Cerdeira agradeceu todos os parabéns recibidos, Uriel Bernárdez Cerdeira, que ademáis puxo en valor "o carballiñesismo" que leva por bandeira o grupo Cer&Ber.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-grupo-cerber-recibe-o-premio-azougue-2016

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-cerber-recibe-o-premio-azougue-2016 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-grupo-cerber-recibe-o-premio-azougue-2016 [3] whatsapp://send?text=O Grupo Cer&Ber recibe o premio Azougue 2016 http://copecarballino.es/novas/o-grupo-cerber-recibe-o-premio-azougue-2016 [4] http://copecarballino.es/print/46558