Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A piscina climatizada municipal promove o aforro enerxético coa instalación dunha caldeira de biomasa

3, Xaneiro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Instituto Enerxético de Galicia ven de conceder ao concello de Avión unha axuda por importe de 44.820 euros para a instalación dunha caldeira de biomasa  nas instalacións da piscina municipal.

Trátase da única piscina climatizada de titularidade pública aberta e en funcionamento no ámbito das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, con actividade durante todo o ano.

Con esta mellora, o concello de Avión consigue un importante aforro enerxético, ademáis dun beneficio para o medio ambiente.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/piscina-climatizada-municipal-promove-o-aforro-enerxetico-coa-instalacion-dunha-caldeira-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/piscina-climatizada-municipal-promove-o-aforro-enerxetico-coa-instalacion-dunha-caldeira-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/piscina-climatizada-municipal-promove-o-aforro-enerxetico-coa-instalacion-dunha-caldeira-de [3] whatsapp://send?text=A piscina climatizada municipal promove o aforro enerxético coa instalación dunha caldeira de biomasa http://copecarballino.es/novas/piscina-climatizada-municipal-promove-o-aforro-enerxetico-coa-instalacion-dunha-caldeira-de [4] http://copecarballino.es/print/46645