Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Dato interanual: O Carballiño e comarca incrementan en 292 os afiliados á Seguridade Social

17, Xaneiro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O municipio do Carballiño rexistra con data de 31 de Decembro de 2016 un total de 4.100 afiliacións á Seguridade Social, incrementando en 200 persoas o número de cotizantes en relación a Decembro de 2015, daquéla 3.900 afiliados.

Desta  maneira, O Carballiño continúa á cabeza no rankíng provincial de afiliacións á Seguridade Social, exceptuando a capital, tendo case 500 cotizantes máis que Verín e perto de 700 máis que O Barco de Valdeorras, que ocupan as seguintes posicións.

Por sectores, O Carballiño conta con 2.521 afilados ao réxime xeral e 1392 ao rexime de autonómos, 181 ao rexime do fogar e 6 ao agrario.

Tamén se incrementa en termos interanuais o número de afiliacións á Seguridade Social no conxunto dos concellos da Comarca, con 92 novos cotizantes en relación a un ano atrás. A do Carballiño tamén é, tras a da capital, a segunda comarca da provincia con máis afiliacións.

A suma total de afiliados á Seguridade Social nos 9 concellos da comarca, según este último dato actualizado, ascende a 6.359 persoas. En todo caso, un número moi por debaixo se retrocedemos aos anos anteriores á crise, xa que fai unha década a comarca rondaba os 7.000 afiliados.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/dato-interanual-o-carballino-e-comarca-incrementan-en-292-os-afiliados-seguridade-social

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dato-interanual-o-carballino-e-comarca-incrementan-en-292-os-afiliados-seguridade-social [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dato-interanual-o-carballino-e-comarca-incrementan-en-292-os-afiliados-seguridade-social [3] whatsapp://send?text=Dato interanual: O Carballiño e comarca incrementan en 292 os afiliados á Seguridade Social http://copecarballino.es/novas/dato-interanual-o-carballino-e-comarca-incrementan-en-292-os-afiliados-seguridade-social [4] http://copecarballino.es/print/46686