Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A violencia de xénero en cifras.

30, Xaneiro 2017 [1] [2] [3] [4]

Pode resultar un pouco frío acudir ás cifras cando falamos dunha lacra que afecta a nosa sociedade. Pero peor é botarse en plancha sen facer unha fonda reflexión e achacar os problemas da violencia de xénero aos recortes. 

No gráfico elaborado polo Instituto Nacional de Estatística que aparece na parte superior dereita da páxina do propio INE vemos a evolución de vítimas mortais por violencia de xénero dende o ano 1999. Hai que recordarlle aos indocumentados do PSdeG do Carballiño, que a flamante lei de violencia de xénero elaborada polo recén chegado zapaterismo foi aprobada en decembro de 2004. Dende esta data o número de vítimas mortais non fixo máis que crecer. E estamos falando de datas de derroche total (Plas E, eres de Andalucía, e café para todos se son amiguiños da rosa). A non ser que os do Carballiño digan que o ZP tamen facía recortes, seria interesante que explicasen como os recortes do PP son os causantes do aumento do número de vítimas dende a lei de ZP do 2004 http://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INESeccion_C&cid=1259926144037&... [5]

Señores e señoras do PSdeG do Carballiño, fagan o favor de ter un chisco de dignidade, e non boten tan pronto a lengua a pacer. En política tamen se aprecia o rigor, e se non son capaces de telo, en ciertas ocasións seria mellor que calasen un pouco.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/violencia-de-xenero-en-cifras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/violencia-de-xenero-en-cifras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/violencia-de-xenero-en-cifras [3] whatsapp://send?text=A violencia de xénero en cifras. http://copecarballino.es/denunciacidada/violencia-de-xenero-en-cifras [4] http://copecarballino.es/print/46733 [5] http://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INESeccion_C&cid=1259926144037&p=1254735110672&pagename=ProductosYServicios%2FPYSLayout