Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Análise orzamentario

3, Febreiro 2017 [1] [2] [3] [4]

Os orzamentos municipais do Carballiño saíron adiante cos votos do PSOE e de AV. O voto do señor García Nóvoa foi crucial e alguns hosteleiros non o esquecerán, independentemente de que este concelleiro ten a razón no asunto das terrazas (e así lla deu o Concello), e tampouco os habitantes da avenida residencial.

A postura contraria dos señores Marnotes, Ferreiro e Reboredo máis ben sonou a demagoxia, xa que non foron quen de plantexar unhas partidas alternativas.

Os problemas de desemprego e servizos sociais que afectan gravemente ás familias non se debatiron, sobre todo cando se están a esixir solucións urxentes.

Teremos beirarrúas novas e máis externalización para beneficio de empresas de fóra, pero non traballo para os parados nen axudas ós máis desfavorecidos, a dous anos escasos dunhas eleccións á alcaldía.

Pero delo tampouco se falou na tertulia. Seica a meteoroloxía é noticia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/analise-orzamentario

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/analise-orzamentario [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/analise-orzamentario [3] whatsapp://send?text=Análise orzamentario http://copecarballino.es/denunciacidada/analise-orzamentario [4] http://copecarballino.es/print/46756