Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A comunidade educativa homenaxea á natureza e á lingua galega na Insua dos Poetas

24, Abril 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Arredor de trescentos alumnos e alumnas dos centros educativos da comarca do Carballiño renderon hoxe unha homenaxe á natureza e á lingua galega.

Tratábase de celebrar o Día das Árbores, da Auga e da Poesía, que debía desenvolverse o pasado mes de marzo e que fora aprazado por causa da chuvia.

Participaron sete centros educativos: IES nº 1, IES Chamoso Lamas, Colexio Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro, do Carballiño, e da comarca os colexios de Bearíz, O Irixo e Boborás. Cada centro elexiu un tipo de árbore e realizou unha actividade vencellada con esta árbore.

Así, léronse textos dramatizados, cantáronse cancións e se realizaron coreografías sobre o amieiro, o buxo, o loureiro, o madroño, a cerdeira, o Carballo e o salgueiro.

O acto estivo organizado polo Instituto Chamoso Lamas, e contou coa asistencia de numerosas autoridades. Así, asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o vicepresidente da Deputación Provincial, Rosendo Fernández; o concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; a delegada territorial de Educación; os directores dos institutos do Carballiño, José Manuel Vázquez e Manuel Amil, e profesores e profesoras dos centros participantes.

Nos saúdas das autoridades convidadas fíxose especial mención ao entorno natural e artístico da Insua dos Poetas, e abogouse pola promoción da nosa língua, tanto escrita como falada.

Asemade, anunciouse que está previsto colocar un novo grupo escultórico na Insua dos Poetas adicado a Carlos Casares, que terá lugar o 22 de xullo durante a celebración da X Festa da Palabra. Esta escultura complementará ás nove que xa hai e que están adicadas a Rosalía de Castro, Paco Luis Bernardez, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro e Eduardo Condal, entre outros escritores e escritoras.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/comunidade-educativa-homenaxea-natureza-e-lingua-galega-na-insua-dos-poetas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comunidade-educativa-homenaxea-natureza-e-lingua-galega-na-insua-dos-poetas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comunidade-educativa-homenaxea-natureza-e-lingua-galega-na-insua-dos-poetas [3] whatsapp://send?text=A comunidade educativa homenaxea á natureza e á lingua galega na Insua dos Poetas http://copecarballino.es/novas/comunidade-educativa-homenaxea-natureza-e-lingua-galega-na-insua-dos-poetas [4] http://copecarballino.es/print/47031