Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Inaugurado o novo Parque Intercomarcal de Bombeiros do Carballiño, que dará cobertura a unha poboación de 50.000 persoas

1, Xuño 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da deputación provincial de Ourense, José Manuel Baltar,e alcaldes das comarcas do Carballiño e O Ribeiro asistiron esta tarde á inauguración do novo Parque de bombeiros do Carballiño, que dará servizo a partir de agora a un total de 23 concellos -todos os do Carballiño e o Ribeiro, e tamén aos de Amoeiro, Coles, Vilarmarín e A Peroxa- cunha poboación que supera os 50.000 habitantes.

O Goberno autonómico, a deputación provincial e os concellos teñen colaborado na construción e equipamento desta infraestrutura. En total, o orzamento total investido ascendeu a preto de 2 millóns de euros.

En canto ao mantemento deste Parque, os encargados de financialo serán a Xunta e a Deputación provincial.

A nova infraestuctura está dotado cun parque móbil para atender as necesidades en materia de extinción de incendios e salvamento, e unha dotación de persoal integrada por 19 bombeiros.

Máis información e audios do acto de inauguración na programación local de COPE O Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/inaugurado-o-novo-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do-carballino-que-dara-cobertura-unha

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/inaugurado-o-novo-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do-carballino-que-dara-cobertura-unha [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/inaugurado-o-novo-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do-carballino-que-dara-cobertura-unha [3] whatsapp://send?text=Inaugurado o novo Parque Intercomarcal de Bombeiros do Carballiño, que dará cobertura a unha poboación de 50.000 persoas http://copecarballino.es/novas/inaugurado-o-novo-parque-intercomarcal-de-bombeiros-do-carballino-que-dara-cobertura-unha [4] http://copecarballino.es/print/47154