Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Festa das Parroquias homenaxea aos precursores do movemento asociativo carballiñés

5, Xuño 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Máis de duascentas cincuenta persoas asistiron á 25ª Festa das Parroquias, na que se rendeu homenaxe aos presidentes e expresidentes das Asociacións de Veciños do municipio, que recibiron un diploma do concello.

Alcalde, concelleiras e concelleiros da corporación municipal, exalcaldes, presidentes e expresidentes das AAVV, así como veciñanza das parroquias e do casco urbano participaron nesta celebración no parque municipal, que comezou cun concerto da Banda Escola de Música do Carballiño e continou cun xantar, que estivo amenizado na sobremesa polos regueifeiros Benito Lobariñas e Suso de Sorner.

Tamén houbo xogos populares, campeonato de brisca e subastado, baile e entrega do ramo para a organización da próxima edición da festa.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/festa-das-parroquias-homenaxea-aos-precursores-do-movemento-asociativo-carballines

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-das-parroquias-homenaxea-aos-precursores-do-movemento-asociativo-carballines [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-das-parroquias-homenaxea-aos-precursores-do-movemento-asociativo-carballines [3] whatsapp://send?text=A Festa das Parroquias homenaxea aos precursores do movemento asociativo carballiñés http://copecarballino.es/novas/festa-das-parroquias-homenaxea-aos-precursores-do-movemento-asociativo-carballines [4] http://copecarballino.es/print/47162