Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O socialistas piden unha intervención contra o deterioro da Ponte das Poldras

27, Xuño 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os socialistas veñen de rexistrar una Moción para que sexa debatida en Pleno do Concello, sobre o deterioro que presenta a “Ponte das Poldras” que se encontra en medio da Zona de Recreo O Salgueiral.

Esta ponte utilizábase na Idade Media para transportar o viño desde Ribadavia ata Santiago, e tamen une os núcleos de Leiro e San Clodio, aparte de que e unha monumental ponte de trece piares, que esta encadrada nunha paisaxe bucólica de gran beleza; foi construida arredor de 1850 para enlazar coa daquela nova estrada Ribadavia –O Carballiño, que cruzaba o Avia pola Ponte San Clodio e non pasaba por Leiro.

Os socialistas recordan que o nome de “poldras” designa en Galicia a unha serie de pasos formados por pequenas pedras despostas unha seguida de outras.

En Leiro non son exactamente “poldras” pero e posible que no seu orixen así o foran, comentase que a ponte e de orixen románico o cal nos iríamos os bos tempos do Mosteiro de San Clodio e sería por este acceso o cenobio para que os veciños viñeran de esta zona de Leiro.

Os pilares da ponte fan de base para suxeitar as grandes lousas que unen estos pilares e serven de calzada para salvar o rio, aparte de que rompen a forza da corrente e reparten a agua con igualdade a ambos lados. Ten unha lonxitude de casi trinta metros e unha altura que non supera os dous metros.
Agora resulta que un de estos pilares se esta a esmorecer, xa que ten unha grandes grietas tanto no pilar como tamen nas lousas que suxeta o mesmo.

Por eso,os socialistas pídenlle ao Grupo de Goberno con esta Moción que se tomen as medidas oportunas para o seu arranxo que ven sexa o propio Concello con fondos propios e senón ten competencias para facelo, se dirixa tanto a Confederación Hidrografica do Miño Sil, Xunta de Galicia ou a Deputación de Ourense.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-socialistas-piden-unha-intervencion-contra-o-deterioro-da-ponte-das-poldras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-socialistas-piden-unha-intervencion-contra-o-deterioro-da-ponte-das-poldras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-socialistas-piden-unha-intervencion-contra-o-deterioro-da-ponte-das-poldras [3] whatsapp://send?text=O socialistas piden unha intervención contra o deterioro da Ponte das Poldras http://copecarballino.es/novas/o-socialistas-piden-unha-intervencion-contra-o-deterioro-da-ponte-das-poldras [4] http://copecarballino.es/print/47230