Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Auditorio acolle a VIII Gala do Deporte do Concello do Carballiño

30, Xuño 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un total de vintecinco clubes e deportistas serán homenaxeados durante a VIII Gala do Deporte do Carballiño, que se celebrará no auditorio municipal.

Este evento, que se celebrará este venres dia 30 de Xuño ás 20:30 horas, quedou interrumpido en decembro do ano 2014, e agora recupérase pero con carácter bianual. O concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal, considera que é un período máis axeitado que o anual, polo que se celebrará cada dous anos no mes de xuño, ao remate da tempada deportiva.

Nesta gala, que terá unha parte de espectáculo e entretemento, entregaranse diplomas e estatuíñas en recoñecemento dos meritos deportivos acadados polos clubes, entidades e deportistas ao longo desta tempada, que foi pródiga en éxitos deportivos individuais e colectivos.

Ao remate da gala, ás 22,30 h., celebrarase unha cea no restaurante Esclavo. As persoas que queiran asistir a esta cea deberán inscribirse na área municipal de Deportes do concello ata o xoves, 29.

Dende a área de Deportes convídase a todos os carballiñeses e carballiñesas a asistir a esta gala como un xesto de apoio ao deporte e deportistas do Carballiño.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-viii-gala-do-deporte-do-concello-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-viii-gala-do-deporte-do-concello-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-viii-gala-do-deporte-do-concello-do-carballino [3] whatsapp://send?text=O Auditorio acolle a VIII Gala do Deporte do Concello do Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-auditorio-acolle-viii-gala-do-deporte-do-concello-do-carballino [4] http://copecarballino.es/print/47239