Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Rápido de Bouzas adxudícase o trofeo Festa do Pulpo tras empatar co Arenteiro e gañar ao Ribeiro

4, Agosto 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os protagonistas do triple ascenso do fútbol galego deste pasado mes de xuño confraternizaron no torneo da Festa do Pulpo carballiñesa desputado no campo da Uceira na modalidade de 3X1.

O trofeo levouno o equipo vigués tras empatar a un gol co Arenteiro e vencer ao Ribeiro por 1-0.

No partido entre o equipo de segunda B e o Arenteiro, os verdes mereceron máis que o empate, xa que deles foron as mellores oportunidades de gol ante a portería viguesa.Os goles de ambos equipos foron dende o punto de penalti.

Antes, o equipo rapidista derrotara ao Ribeiro por un solitario gol, mentres que no último partido da tarde Arenteiro e ribeiráns empataron a un gol, polo que os vigueses se levaron o trofeo, que recibiron da man do concelleiro de deportes e turismo do concello carballiñés Manolo Dacal

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-rapido-de-bouzas-adxudicase-o-trofeo-festa-do-pulpo-tras-empatar-co-arenteiro-e-ganar-ao

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-rapido-de-bouzas-adxudicase-o-trofeo-festa-do-pulpo-tras-empatar-co-arenteiro-e-ganar-ao [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-rapido-de-bouzas-adxudicase-o-trofeo-festa-do-pulpo-tras-empatar-co-arenteiro-e-ganar-ao [3] whatsapp://send?text=O Rápido de Bouzas adxudícase o trofeo Festa do Pulpo tras empatar co Arenteiro e gañar ao Ribeiro http://copecarballino.es/novas/o-rapido-de-bouzas-adxudicase-o-trofeo-festa-do-pulpo-tras-empatar-co-arenteiro-e-ganar-ao [4] http://copecarballino.es/print/47340