Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Avión recibe 122.000 euros da Deputación para financiar obras e servizos municipais

18, Setembro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense ven de conceder unha achega económica de 80.000 euros ao concello de Avión para axudar ao mantemento de servizos sociais que xestiona a propia institución municipal, como son o Centro de Dia, o xantar sobre rodas ou a vivenda comunitaria.

Ademáis, en materia de infraestructuras, a entidade provincial ven de confirmar unha axuda ao concello que preside o alcalde Manuel Montero que se destinará a mellora de de camiños municipais, asi como a mellora do firme en varias localidades. A contía para estas actuacións ascende a 19.733 euros.

Finalmente, a Deputación financia outros dous proxectos no concello de Avión, a reforma da sala de caldeiras de biomasa na piscina municipal e a mellora e eficiencia enerxética da iluminación pública na localidade de Amiudal, actuacións ás que a Deputación destina 14.940 euros e 8.365 euros, respectivamente.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-recibe-122000-euros-da-deputacion-para-financiar-obras-e-servizos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-recibe-122000-euros-da-deputacion-para-financiar-obras-e-servizos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-recibe-122000-euros-da-deputacion-para-financiar-obras-e-servizos [3] whatsapp://send?text=O concello de Avión recibe 122.000 euros da Deputación para financiar obras e servizos municipais http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-avion-recibe-122000-euros-da-deputacion-para-financiar-obras-e-servizos [4] http://copecarballino.es/print/47453