Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > 3ª División: O Arenteiro derrota "in extremis" ao Noia en Espiñedo

24, Setembro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Non foi un bo partido dos verdes, non obstante o gol de Rubén Arce dende os once metros  co tempo xa cumplido servíu para sumar 3 puntos ante o o FC Noia e colocarse na parte media da clasificación, tras seis xornadas desputadas no campionato nacional de liga de terceira división.

Marcou pronto o Arenteiro, xa que no minuto once de partido chegou o primeiro gol da tarde conseguido Igor Sevivas, o xogador luso do Arenteiro culminou unha gran xogada de Arce para adiantarse no marcador. Minutos despois, o mesmo Igor Sevivas pudo marcar o segundo pero o seu remate de cabeza foise alto sobre a portería de Pajarillo, o veterano gardameta do Noia.

O certo é que conforme ía avanzando o partido o Arenteiro foi indo a menos, ata que no minuto 66 un despiste defensivo nunha falta sobre a área de Pachi aproveitárono os noienses para empatar.

O gol volveu espabilar ao Arenteiro, que volveu no tramo final do partido á carga sobre a portería do Noia, preto xa do final o árbitro anulou un gol aos verdes por suposta falta sobre o porteiro do Noia. E co tempo xa cumplido, sinalou penalti na área visitante, que se encargou de tranformar Rubén Arce.

No seguinte enlace podes ver a ficha do partido: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28... [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/3a-division-o-arenteiro-derrota-extremis-ao-noia-en-espinedo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/3a-division-o-arenteiro-derrota-extremis-ao-noia-en-espinedo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/3a-division-o-arenteiro-derrota-extremis-ao-noia-en-espinedo [3] whatsapp://send?text=3ª División: O Arenteiro derrota [4] http://copecarballino.es/print/47471 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283710