Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta proxecta a construcción dunha área de servizo na AG-53, no municipio de Maside

25, Setembro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o anteproxecto da obra e explotación dunha área de servizo na AG-53, á altura do Concello de Maside.  

O prazo para a presentación de alegacións está aberto ata o vindeiro 8 de novembro.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/h5fbzM [5]

A parcela na que se localizará a futura área de servizo pertence á parroquia de San Miguel de Armeses, no límite co veciño concello de Punxín.

Estas intalacións ubicaranse entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750 da autoestrada, a maior parte delas na marxe esquerda, empregando só a dereita para dotar de acceso á mesma. A parcela conta cunha superficie irregular e atópase parcialmente explanada e sen vexetación na súa parte máis central.

Na actualidade, están executados os carrís de aceleración e deceleración en ambas marxes, así como a rotonda, parte dos viarios de acceso e o paso superior. O deseño da área de servizo que se somete a información pública, con acceso desde a AG-53, é perfectamente compatible coa posible execución nun futuro dun enlace nese punto entre a AG-53 e a N-541, na zona limítrofe entre os Concellos de Maside e Punxín.

Instalacións

O proxecto contempla a dotación de tanques para o almacenamento de combustible: un para gasóleo; outro para gasolina; e outro, con dous compartimentos, para gasolina e gasóleo especial. Este punto tamén contará con catro puntos de recarga de vehículos eléctricos.

A gasolineira tamén disporá de dous equipos de subministro de aire e auga, un para abastecer a vehículos lixeiros e outro para pesados.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-proxecta-construccion-dunha-area-de-servizo-na-ag-53-no-municipio-de-maside

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-proxecta-construccion-dunha-area-de-servizo-na-ag-53-no-municipio-de-maside [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-proxecta-construccion-dunha-area-de-servizo-na-ag-53-no-municipio-de-maside [3] whatsapp://send?text=A Xunta proxecta a construcción dunha área de servizo na AG-53, no municipio de Maside http://copecarballino.es/novas/xunta-proxecta-construccion-dunha-area-de-servizo-na-ag-53-no-municipio-de-maside [4] http://copecarballino.es/print/47472 [5] https://goo.gl/h5fbzM