Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Boborás continúa coas obras de mellora da rede viaria municipal

10, Outubro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Boborás vai acometer obras de mellora nas estradas de Cardelle, Brués-Pontevella, acceso á Ponterriza e núcleo, acceso a Vilachá e estrada Brués a Balboa,todas estas actuacións executaránse nos próximos meses.

Estas obras serán acometidas pola Brigada de obras da Deputación de Ourense, quen valorou os traballos en 36.828,08 euros dos que o Concello de Boborás terá que aportar o correspondente ao material de construción que ascende a 17.831,66 euros.

Desta maneira, o concello segue co plan de mellora de varias estradas municipais. No transcurso do último acondicionouse o muro da estrada a Paradela, asi como nos accesos e camiños de Cibreiro, Xurenzás, a Pedriña ou Salón, que se está executando nestes momentos.

A estas citadas obras hai que sumar as que se incluiron no Plan Marco 2017/2018, os viais de A Fenteira, Rodas-Quintás, o Curro (Feás) e a de Balboa aos Diestros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-continua-coas-obras-de-mellora-da-rede-viaria-municipal

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-continua-coas-obras-de-mellora-da-rede-viaria-municipal [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-continua-coas-obras-de-mellora-da-rede-viaria-municipal [3] whatsapp://send?text=O concello de Boborás continúa coas obras de mellora da rede viaria municipal http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boboras-continua-coas-obras-de-mellora-da-rede-viaria-municipal [4] http://copecarballino.es/print/47519