Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Tributo ao escritor Victor Campio, fillo predilecto do Concello de Maside

20, Outubro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O poeta Victor Campio, fillo predilecto do concello de Maside, recibíu un tributo organizado polo PEN Galicia e o Ateneo de Ourense,ao que se sumou a Xunta de Galicia, representada neste acto polo secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García.

No marco deste tributo,no centro cultural Marcos Válcarcel, Valentín García loou o traballo a prol das letra galegas que Víctor Campio realizou “tanto desde o ámbito da creación como desde a prensa ou o ensino”; un traballo que, en palabras do secretario xeral, “ben merece o recoñecemento de todos cantos estamos aquí e, tamén, de todos os galegos que aman a súa lingua”.

Tomaron a palabra no acto a presidenta do Ateneo de Ourense, Isabel Salgado Parada; o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar; o académico da lingua galega Xesús Alonso Montero e os poetas Edelmiro Vázquez Naval e Manuel Outeiriño. Durante o encontro púidose escoitar o acordeón de Celia Adrián Rodríguez, así como poemas de Víctor Campio recitados por Marisa Calvo e por Carmen e Isabel Pereira Nolasco.

O docente xubilado e escritor Víctor Campio Pereira González (Maside, 1928) ten publicados catro poemarios (O ar que nos leva; Perdida luz, O aire, a luz e o canto. Poesía reunida 1987-2006 e Quince sonetos de amor e once poemas máis), así como unha novela (Baixo o sol do Magreb) e ensaio (Escritos en do menor). Colaborou ademais en obras colectivas como Sete poetas ourensáns, Poesía dos aléns e Poetas e narradores nas súas voces. II.

Colaborador habitual das actividades culturais da Cidade das Burgas nos últimos anos da ditadura e na democracia, escribiu en revistas e en xornais, nomeadamente en La Región. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega no 2010, fillo predilecto de Maside no mesmo ano e membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2011. No 2012 obtivo o Premio Sete Carballas da Insua dos Poetas.

Victor Campio naceu e vivíu a súa infancia na parroquia de Garabás, onde a súa nai exercía como mestra.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/tributo-ao-escritor-victor-campio-fillo-predilecto-do-concello-de-maside

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tributo-ao-escritor-victor-campio-fillo-predilecto-do-concello-de-maside [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tributo-ao-escritor-victor-campio-fillo-predilecto-do-concello-de-maside [3] whatsapp://send?text=Tributo ao escritor Victor Campio, fillo predilecto do Concello de Maside http://copecarballino.es/novas/tributo-ao-escritor-victor-campio-fillo-predilecto-do-concello-de-maside [4] http://copecarballino.es/print/47548