Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Parque de Bombeiros do Carballiño acolle o primeiro curso que se realiza en Europa sobre o emprego de drones nas emerxencias

26, Outubro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O parque de bombeiros do Carballiño acolleu esta mañá unha clase práctica dun curso sobre drones para casos de emerxencia e no que participaron 21 persoas entre bombeiros, sanitarios do 061, ambulancias e grupos de emerxencia local.

Trátase do primeiro curso oficial deste tipo que se fai en España e Europa, e o Parque de Bombeiros do Carballiño será o primeiro de España que conte cunha unidade de drones.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, seguiu “in situ” a clase práctica dende o posto de mando.

Esta práctica consistiu no traslado por un dron dun botiquín de emerxencia a unha persoa ferida nun lugar inaccesible, tras dun accidente dun transporte de substancias perigosas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-parque-de-bombeiros-do-carballino-acolle-o-primeiro-curso-que-se-realiza-en-europa-sobre-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-parque-de-bombeiros-do-carballino-acolle-o-primeiro-curso-que-se-realiza-en-europa-sobre-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-parque-de-bombeiros-do-carballino-acolle-o-primeiro-curso-que-se-realiza-en-europa-sobre-o [3] whatsapp://send?text=O Parque de Bombeiros do Carballiño acolle o primeiro curso que se realiza en Europa sobre o emprego de drones nas emerxencias http://copecarballino.es/novas/o-parque-de-bombeiros-do-carballino-acolle-o-primeiro-curso-que-se-realiza-en-europa-sobre-o [4] http://copecarballino.es/print/47563