Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño contra a violencia de xénero

24, Novembro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Alumnado e profesores dos centros educativos; representantes de entidades e asociacións, así como da Garda Civil, Policía Local, Cáritas e da corporación municipal, amosaron hoxe o seu rexeitamento da violencia contra as mulleres nun acto que se desenvolveu no salón de plenos do concello.

Neste acto participaron os dous institutos de bacharelato; os colexios Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro; a escola infantil Trastes e Bo Día Familia; Aspadisi, Cruz Vermella e Asdifica.

O alcalde amosou a súa preocupación polas altas cifras de actos violentos contra as mulleres que se producen en España e expresou a confianza en que a través da educación se consiga a plena igualdade e a eliminación deste tipo de comportamentos machistas.

En semellantes termos se expresou a concelleira de Benestar e Igualdade, Marina Ortega, que fixo un recordatorio das mortes producidas en mulleres e nenos, e tamén abogou pola erradicación do machismo.

O alumnado dos centros e as entidades e asociacións participantes realizaron diversas representación a través de carteis, textos, poemas e teatro para poñer de manifesto a súa repulsa pola violencia de xénero.

Finalmente, o dúo carballiñés Canela Cafuné interpretou o tema de Rozalén “La puerta violeta”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-carballino-contra-violencia-de-xenero-0

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-contra-violencia-de-xenero-0 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-contra-violencia-de-xenero-0 [3] whatsapp://send?text=O Carballiño contra a violencia de xénero http://copecarballino.es/novas/o-carballino-contra-violencia-de-xenero-0 [4] http://copecarballino.es/print/47678