Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A directora Xeral de Comercio ratifica o seu compromiso coa modernización da Praza de Abastos

4, Xaneiro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou esta mañá a aposta que a Xunta está a realizar para lograr unha modernización dos mercados galegos na visita que realizou á praza de abastos do Carballiño.

Tal e como sinalou, trátase dunha infraestrutura clave para a dinamización do comercio de proximidade local que vén de ser remodelada polo Concello co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A directora xeral explicou que, entre as actuacións desenvolvidas, destacan a limpeza das fachadas de cantería, así como o acondicionamento dos postos exteriores mediante a recolocación de mobiliario urbano. Tamén se instalou nova iluminación e pavimentación co obxectivo de mellorar a imaxe da praza de abastos.

Sol Vázquez lembrou que a Xunta leva apoiado a modernización desta infraestrutura, desde 2015, cun total de 170.000 euros que se destinaron tanto á mellora e acondicionamento do mercado como á realización de campañas publicitarias, a adopción dunha imaxe común ou a creación de aparcadoiros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/directora-xeral-de-comercio-ratifica-o-seu-compromiso-coa-modernizacion-da-praza-de-abastos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/directora-xeral-de-comercio-ratifica-o-seu-compromiso-coa-modernizacion-da-praza-de-abastos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/directora-xeral-de-comercio-ratifica-o-seu-compromiso-coa-modernizacion-da-praza-de-abastos [3] whatsapp://send?text=A directora Xeral de Comercio ratifica o seu compromiso coa modernización da Praza de Abastos http://copecarballino.es/novas/directora-xeral-de-comercio-ratifica-o-seu-compromiso-coa-modernizacion-da-praza-de-abastos [4] http://copecarballino.es/print/47870