Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O BNG anuncia que non asistirá nin as comisións informativas nin á Xunta de Portavoces como medida de protesta polo "ninguneo do grupo de goberno"

9, Marzo 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o anunciaron nunha comparecencia ante os medios a concelleira Sofía García e o concelleiro e portavoz municipal Chema Ferreiro.

Os nacionalistas afirman "estar fartos dos enganos do grupo de goberno, que sistematicamente incumpren unha e outra vez os acordos do pleno",  e como exemplo puxeron o incumprimento do acordo plenario para a remunicipalización de servizos "esta mesma semana soubemos da nova licitación para o contrato da recadación para os próximos dous anos", recordou Ferreiro.

O portavoz do BNG tamén se referíu ás "desavencias entre o propio grupo de goberno do PSOE, desavencias que son de dominio público -lévanse a matar entre eles- e eso incide negativamente no traballo e a xestión diaria no concello", asegurou Chema Ferreiro.

Engadíu, ademáis que "é o momento de que a oposición -que somos maioria na corporación- se faga valer", e como medida de protesta ante o propio grupo de goberno anunciou que o BNG deixa de asistir tanto ás comisións informativas como ás convocatorias da Xunta de Portavoces porque "so nos chaman cando hai un problema", dixo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-bng-anuncia-que-non-asistira-nin-comisions-informativas-nin-xunta-de-portavoces-como-medida

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-anuncia-que-non-asistira-nin-comisions-informativas-nin-xunta-de-portavoces-como-medida [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-anuncia-que-non-asistira-nin-comisions-informativas-nin-xunta-de-portavoces-como-medida [3] whatsapp://send?text=O BNG anuncia que non asistirá nin as comisións informativas nin á Xunta de Portavoces como medida de protesta polo [4] http://copecarballino.es/print/48145