Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Obradoiro "Carbosam" despide 9 meses de actividade nos concellos de Boborás, O Carballiño, Maside e San Amaro

27, Xuño 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Coa entrega de diplomas aos alumnos e alumnas participantes quedou clausurado o obradoiro intermunicipal de emprego que se desenvolveu nos concellos de Boborás, O Carballiño, Maside e San Amaro, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

No concello de Boborás, executouse a rehabilitación dos lavadoiros de San Andrés, na parroquia de Albarellos e Astureses, asi como o acondicionamento da contorna da antiga casa do peón caminero da Almuzara, agora reconvertida en futuro centro social nesta localidade.

O concello do Carballiño aproveitou a actividade deste obradoiro de emprego para acometer a reforma integral da planta baixa da casa da cultura.

En San Amaro, púxose en marcha un módulo de atención sociosanitaria, no que se impartíu formación teórica e práctica para a atención domiciliaria de persoas no seu domicilio.

No concello de Maside, reformáronse dependencias do antigo colexio de Maside e construíronse beirarrúas na rúa de acceso ao centro de saúde de Dacón.

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-obradoiro-carbosam-despide-9-meses-de-actividade-nos-concellos-de-boboras-o-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-obradoiro-carbosam-despide-9-meses-de-actividade-nos-concellos-de-boboras-o-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-obradoiro-carbosam-despide-9-meses-de-actividade-nos-concellos-de-boboras-o-carballino [3] whatsapp://send?text=O Obradoiro [4] http://copecarballino.es/print/48554