Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Mancomunidade ofrece sesións de cachibol e risoterapia para as persoas maiores durante o mes de Setembro

29, Agosto 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos de O Carballiño infórmase da posta en marcha dunha actividade destinada a persoas maiores, organizada pola Presidencia da Deputación Provincial de Ourense, que se desenvolerá durante o mes de Setembro.

A actividade consistirá nunhas Xornadas de Cachibol (voleibol adaptado a maiores) e Risaplus (risoterapia) que terán lugar nos 5 concellos mancomunados durante o mes de setembro, con sesións de hora e media de duración un dia a semana en cada ún dos concellos.

-O Irixo Luns 17:00H - 18:30H Pavillón Municipal

-Piñor Luns 19:00H - 20:30H Centro Social

-Boborás Martes 17:00H - 18:30H Local Social do Regueiro

-Beariz Martes 19:00H - 20:30H Pavillón Municipal

-San Amaro Venres 18:00H - 19:30H Centro de Saúde

A participación nesta actividade é totalmente gratuíta. Toda persoa interesada debe formalizar a inscrición no concello correspondente.

Por último, o sábado 29 de setembro, unha vez finalizadas as Xornadas, terá lugar un encontro entre as persoas participantes dos cinco concellos, na que se realizarán diferentes actividades e na que haberá un picoteo. A xuntanza terá lugar no Pavillón Municipal do Concello do Irixo a partir das 11:00H. --

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mancomunidade-ofrece-sesions-de-cachibol-e-risoterapia-para-persoas-maiores-durante-o-mes-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-ofrece-sesions-de-cachibol-e-risoterapia-para-persoas-maiores-durante-o-mes-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-ofrece-sesions-de-cachibol-e-risoterapia-para-persoas-maiores-durante-o-mes-de [3] whatsapp://send?text=A Mancomunidade ofrece sesións de cachibol e risoterapia para as persoas maiores durante o mes de Setembro http://copecarballino.es/novas/mancomunidade-ofrece-sesions-de-cachibol-e-risoterapia-para-persoas-maiores-durante-o-mes-de [4] http://copecarballino.es/print/48783