Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Deputación acomete obras de mellora na estrada OU-307 Leiro-Berán

30, Agosto 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez visitou, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, as obras que está a levar a cabo a Deputación de Ourense na estrada provincial OU – 0307 a petición do Concello de Leiro.

"Trátase da construción dun muro de contencion no km 2+950 da estrada OU-0307 (OU - 504) – Caldelas (OU – 212), no municipio de Leiro", explicou Pablo Pérez, quen lembra que se trata dunha actuación solicitada polo municipio no ano 2017 para a ampliación da sección transversal desta estrada provincial.

"As obras iniciáronse onte, 28 de agosto, por parte dunha das brigadas de conservación da Deputación de Ourense tras solucionar o problema da cesión dos terreos necesarios para levar a cabo estas actuacións, que consisten na execución dun muro de contención de aproximadamente 190 m3 e a colocación de 100 ml de barreira metálica de seguridade de contención", explicou o deputado provincial de Cooperación. Os traballos que se levarán a cabo no municipio de Leiro durante aproximadamente tres semanas, supoñen un orzamento de 25.699 euros.

"Esta actuación é unha mostra máis do compromiso que ten o goberno provincial coa seguridade das estradas da nosa provincia e da disposición da Deputación de Ourense ás demandas dos nosos municipios", engadiu Pablo pérez. Neste senso, o alcalde de Leiro agradeceu á Deputación a súa "constante colaboración coas necesidades do noso municipio".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/deputacion-acomete-obras-de-mellora-na-estrada-ou-307-leiro-beran

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-acomete-obras-de-mellora-na-estrada-ou-307-leiro-beran [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-acomete-obras-de-mellora-na-estrada-ou-307-leiro-beran [3] whatsapp://send?text=A Deputación acomete obras de mellora na estrada OU-307 Leiro-Berán http://copecarballino.es/novas/deputacion-acomete-obras-de-mellora-na-estrada-ou-307-leiro-beran [4] http://copecarballino.es/print/48786