Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro, xogando unha gran segunda parte, vence a domicilio ao Racing C. Vilalbés 0-2

23, Setembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Arenteiro logrou sumar os 3 puntos na súa visita a Vilalba tras un partido con unha primeira parte igualada, mentres que tras a reanudación os verdes xogaron unha gran segunda parte na que superaron amplamente aos locais, marcaron dous goles pero poideron ser incluso máis, xa que por dúas veces o poste da portería local repeleu sendos tiros de Hugo Sanmartín e Igor Sevivas.

E foron precisamente os dous citados xogadores os que lograron marcar nesta segunda parte, primeiro Hugo Sanmartín, e logo foi Igor Sevivas, ambos en dúas brillantes accións personais, os que materializaron a victoria do Arenteiro no campo da Magdalena, na capital chairega, aínda que xusto é recoñer -sobre todo na segunda parte- que todo o equipo estivo a un bo nivel.

Especialmente reseñable é o traballo defensivo que desenvolveu o equipo verde -hoxe laranxa- durante os 95 minutos de xogo, e como mostra pódese decir que o meta Rui Santos pasou hoxe practicamente desapercibido no partido.

Para ver a ficha do encontro sigue o enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45... [5]

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-xogando-unha-gran-segunda-parte-vence-domicilio-ao-racing-c-vilalbes-0-2

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-xogando-unha-gran-segunda-parte-vence-domicilio-ao-racing-c-vilalbes-0-2 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-xogando-unha-gran-segunda-parte-vence-domicilio-ao-racing-c-vilalbes-0-2 [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro, xogando unha gran segunda parte, vence a domicilio ao Racing C. Vilalbés 0-2 http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-xogando-unha-gran-segunda-parte-vence-domicilio-ao-racing-c-vilalbes-0-2 [4] http://copecarballino.es/print/48877 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459479