Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Piñor executa obras de mellora en camiños que "levaban 15 anos sen mantemento", afirma o alcalde José Luis González

2, Outubro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello de Piñor ven de iniciar as obras de pavimentación correspondentes ao Plan de Mellora de Camiños 208-2019.

As actuacións que se encadran neste proxecto son a mellora dos camiños de acceso ao núcleo de A Folgosa e Eirexe das parroquias de A Canda e Torcela respectivamente; e a mellora do camiño no lugar de Moire.

As vías son todas elas de titularidade municipal e atópanse co firme moi deteriorado causado polo uso continuado durante moitos anos e polas raíces das árbores que se atopan ás marxes. As melloras dos camiños consisten na pavimentación do firme con doble e triple rega asfáltica e limpeza das cunetas para evitar que a auga deteriore o pavimento.

Estas actuacións segundo o Alcalde de Piñor José Luis González “son imprescindibles posto que melloran a calidade dos accesos a estes núcleos que na actualidade eran moi deficientes polo estado actual dos firme que levaba máis de 15 anos sen que tiveran ningún tipo de mantemento. É unha obriga como Alcalde ter os mellores accesos aos nosos pobos, e temos invertido moito con esforzo e traballo; dende que accedín a Alcaldía para que isto sexa así. Con elo contribuímos a que os os pobos non queden despoboados e poñendo os medios para que non sexa unha traba vivir no rural.”

As actuacións encadradas no Plan de Mellora de Camiños 2018-2019 teñen un importe de 41.710,62 € IVE engadido; financiadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-pinor-executa-obras-de-mellora-en-caminos-que-levaban-15-anos-sen-mantemento

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-pinor-executa-obras-de-mellora-en-caminos-que-levaban-15-anos-sen-mantemento [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-pinor-executa-obras-de-mellora-en-caminos-que-levaban-15-anos-sen-mantemento [3] whatsapp://send?text=O concello de Piñor executa obras de mellora en camiños que [4] http://copecarballino.es/print/48909