Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro gaña ao Somozas no Alcalde Manuel Candocia

7, Outubro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un gol de Carlos de Dios no minuto 67 de partido deu ao Arenteiro unha maís que merecida victoria no Complexo Deportivo Alcalde Manuel Candocia de As Somozas.

O Arenteiro volveu facer un partido moi serio no que se fixeron acreedores a un resultado máis amplo que 0-1 que reflectia ao final o marcador.

Se ben a primeira parte resultou igualada e ambos equipos dispuxeron de ocasións, na segunda o Arenteiro foi dono e señor do partido.

Nos primeiros 45 minutos o Arenteiro xa dispuxo de tres magnificas ocasións para desnivelar o marcador, un cabezazo de Adil que se se foi alto, un man a man de Rober co gardameta local, e un tiro de Carlos de Dios que se foi fora por moi pouco. Pola súa parte, os locais tiveron dúas ocasións que Rui Santos se encargou de neutralizar.

Tras o descanso, o Arenteiro fíxose co control absoluto na parcela ancha e pasou a ser claro dominador do partido. Xa no primeiro minuto, presaxio do que sería toda a segunda parte, Igor sacou un chupinazo sobre a portería de Marcos Souto, que respondeu cun gran despexe, o rexeite chegou a Rober que enviou ao fondo da portería local, pero o gol foi anulado por suposto e moi dubidoso fora de xogo.

No minuto 67 chegou o gol de Carlos de Dios, e de ahí ao final, o Arenteiro aínda tivo varias ocasións de ampliar o marcador ao seu favor.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45... [5]

Crónica do partido no "Diario de Ferrol": https://www.diariodeferrol.com/articulo/deportes/somozas-prolonga-mal-mo... [6]

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/as-somozas/2018/10/08/duro-... [7]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-ao-somozas-no-alcalde-manuel-candocia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-ao-somozas-no-alcalde-manuel-candocia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-ao-somozas-no-alcalde-manuel-candocia [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro gaña ao Somozas no Alcalde Manuel Candocia http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-gana-ao-somozas-no-alcalde-manuel-candocia [4] http://copecarballino.es/print/48929 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459498 [6] https://www.diariodeferrol.com/articulo/deportes/somozas-prolonga-mal-momento/20181007214841238940.html [7] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/as-somozas/2018/10/08/duro-castigo-somozas/0003_201810F8D9992.htm