Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Compromiso por Galicia confirma que presentará candidatura nas municipais de 2019 no Carballiño, tamén en San Amaro e Punxín

10, Outubro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi o avanzou o  secretario comarcal desta formación política, Eladio Fernández, no transcurso dunha internveción nesta emisora de radio, 

Compromiso por Galicia presentará a súa candidatura nas eleccións municipais de 2019 no concello do Carballiño, e tamén o fará nos concellos de San Amaro e Punxín.

Será unha das novidades, e moi probablemente non a única, que terá o electorado carballiñés nos comicios municipais que renovarán as corporacións locais.

En declaracións a COPE O Carballiño, o secretario comarcal asegurou que esta formación política, de corte galeguista, ten "varias opcións que estamos barallando para encabezar a candidatura do Carballiño, pode ser candidato ou candidata, buscarémos dende o partido a persoa idónea e coa idea de alcanzar a alcaldia do Carballiño, que esa é a nosa idea", enfatizou.

Eladio Fernández aproveitou a súa internvención radiofónica para facer un chamamento a todas as persoas que queiran sumarse a este proxecto político "que é de presente, pero tamén de futuro".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/compromiso-por-galicia-confirma-que-presentara-candidatura-nas-municipais-de-2019-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/compromiso-por-galicia-confirma-que-presentara-candidatura-nas-municipais-de-2019-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/compromiso-por-galicia-confirma-que-presentara-candidatura-nas-municipais-de-2019-no [3] whatsapp://send?text=Compromiso por Galicia confirma que presentará candidatura nas municipais de 2019 no Carballiño, tamén en San Amaro e Punxín http://copecarballino.es/novas/compromiso-por-galicia-confirma-que-presentara-candidatura-nas-municipais-de-2019-no [4] http://copecarballino.es/print/48942