Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro regresa cunha derrota tras a súa visita matinal a Lugo

21, Outubro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Un solitario gol do dianteiro local Escobar ao inicio da segunda parte foi sufiente para que o Arenteiro regrese a O Carballiño cunha derrota, nun partido para esquecer dos verdes que non souberon sacar ventaxa a superioridade numérica no campo, xa que o Lugo B xogou a maior parte do partido cun xogador menos por doble cartón amarelo.

Pero non era o dia do Arenteiro, que saíu mal e propiciou un carrusel de oportunidades para os locais que salvaron os postes e un outra vez enorme Rui Santos.

Tras quedar o Lugo B cun xogador menos, o partido foise equilibrando, ata que no inicio da segunda parte chegou o gol local. A partir de ahí, os lucenses defenderon a ventaxa no marcador sen grandes agobios, porque o Arenteiro estaba moi espeso e non era capaz de dar coa tecla.

Asi e todo, Mitogo dispuxo de unha clara ocasión para empatar, pero cando xa os verdes cantaban o gol, un defensor do Lugo B salvou in extremis.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45... [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-cunha-derrota-tras-sua-visita-matinal-lugo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-cunha-derrota-tras-sua-visita-matinal-lugo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-cunha-derrota-tras-sua-visita-matinal-lugo [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro regresa cunha derrota tras a súa visita matinal a Lugo http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-cunha-derrota-tras-sua-visita-matinal-lugo [4] http://copecarballino.es/print/48993 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459517