Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta estuda unha colaboración co concello de Beariz para mellorar o acceso á aldea singular de Alvite

12, Novembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, mantiveron unha xuntanza para avaliar un proxecto de humanización urbanística no que traballa o concello co fin de continuar coa rehabilitación de espazos comúns no núcleo rural de Alvite.

Concretamente, a intención do goberno municipal pasa por actuar sobre os accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, turístico e demográfico pola vía de diversas actuacións de rehabilitación de iniciativa tanto pública como privada.

Tras coñecer o proxecto, Ángeles Vázquez mostrouse disposta a estudar a posibilidade de que a consellería colabore neste proxecto, que ten como obxectivo principal, tal e como lle trasladou o alcalde de Beariz, mellorar e acondicionar os accesos á praza principal da aldea, recentemente reformada pero cunha vía con pavimentación bastante deteriorada.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/xunta-estuda-unha-colaboracion-co-concello-de-beariz-para-mellorar-o-acceso-aldea-singular-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-estuda-unha-colaboracion-co-concello-de-beariz-para-mellorar-o-acceso-aldea-singular-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-estuda-unha-colaboracion-co-concello-de-beariz-para-mellorar-o-acceso-aldea-singular-de [3] whatsapp://send?text=A Xunta estuda unha colaboración co concello de Beariz para mellorar o acceso á aldea singular de Alvite http://copecarballino.es/novas/xunta-estuda-unha-colaboracion-co-concello-de-beariz-para-mellorar-o-acceso-aldea-singular-de [4] http://copecarballino.es/print/49111