Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > EGM 2018: COPE O Carballiño, única emisora de radio que incrementa a súa audiencia na provincia. A nosa programación local, entre as máis escoitadas entre todas as emisoras de Galicia. O Grupo COPE alcanza os 17.000 seguidores na comarca.

29, Novembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os últimos datos do EGM (Estudio General de Medios) dados a coñecer este 29 de Novembro confirman a hexemonía de COPE O Carballiño no seu ámbito de cobertura, como lider destacada de audiencia no Carballiño e Comarca, sendo a única emisora de radio convencional que despide o ano incrementando a súa audiencia a nivel de toda a provincia de Ourense.

Ademáis, no horario de mediodia, cando as emisoras de radio emiten a súa programación local, COPE O Carballiño logra situarse entre as que máis oíntes reúnen a diario a nivel galego, incluidas as ubicadas nas capitais.

Na provincia de Ourense, COPE O Carballiño é a segunda emisora de radio con máis audiencia en programación local, recortando distancias e aproximándose á primeira.

Son 8.000 persoas as que diariamente se informan do que acontece no Carballiño e Comarca no 91.9 da FM, sendo COPE O Carballiño a única emisora de radio de toda Galicia que ten máis audiencia na programación local -dúas horas e media- que no resto da parrilla.

A segunda emisora de radio con máis ointes no Carballiño é a emisora musical tamén do Grupo COPE, ROCK FM, que emite no 93.7 e reúne cada día a 4.000 oíntes.

Tamén é siñificativo o incremento entre os ointes que escoitan a radio a través da INTERNET,en www.copecarballino.es [5], que rexistra cada mes unha medida de 5.000 usuarios únicos.

Dende esta emisora de radio dámoslles as grazas por estes históricos datos de audiencia, e reafirmamos o noso compromiso co Carballiño e Comarca.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/egm-2018-cope-o-carballino-unica-emisora-de-radio-que-incrementa-sua-audiencia-na-provincia

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/egm-2018-cope-o-carballino-unica-emisora-de-radio-que-incrementa-sua-audiencia-na-provincia [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/egm-2018-cope-o-carballino-unica-emisora-de-radio-que-incrementa-sua-audiencia-na-provincia [3] whatsapp://send?text= EGM 2018: COPE O Carballiño, única emisora de radio que incrementa a súa audiencia na provincia. A nosa programación local, entre as máis escoitadas entre todas as emisoras de Galicia. O Grupo COPE alcanza os 17.000 seguidores na comarca. http://copecarballino.es/novas/egm-2018-cope-o-carballino-unica-emisora-de-radio-que-incrementa-sua-audiencia-na-provincia [4] http://copecarballino.es/print/49204 [5] http://www.copecarballino.es