Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Deputación e concello de Punxín asinan un convenio para a mellora do acceso á zona termal do Bañiño

9, Xaneiro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez "Casalta", asinaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ambas entidades a través do cal a Deputación de Ourense fará posible un novo acceso á zona termal de O Bañiño, en Punxín.

A colaboración do goberno provincial con estas actuacións xa figuraba nos orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2019, aprobados na sesión plenaria correspondente ao mes de setembro do 2018.

Trala reunión, Manuel Baltar destacou o apoio da Deputación de Ourense en materia de "termalismo, de mellora das comunicacións, de acondicionamento de espazos naturais e de atracción turística en actuacións como as que hoxe facemos realidade a través da sinatura deste convenio".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-de-punxin-asinan-un-convenio-para-mellora-do-acceso-zona-termal-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-de-punxin-asinan-un-convenio-para-mellora-do-acceso-zona-termal-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-de-punxin-asinan-un-convenio-para-mellora-do-acceso-zona-termal-do [3] whatsapp://send?text=Deputación e concello de Punxín asinan un convenio para a mellora do acceso á zona termal do Bañiño http://copecarballino.es/novas/deputacion-e-concello-de-punxin-asinan-un-convenio-para-mellora-do-acceso-zona-termal-do [4] http://copecarballino.es/print/49567