Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O alcalde de Maside anuncia unha rebaixa nos impostos do IBI e o ICIO

28, Xaneiro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

José Manuel Iglesias, que a principios do pasado mes de Decembro accedía á alcaldía de Maside tras a renuncia de Celso Fernández, vai trasladar ao pleno da Corporación a celebrar este mércores 30 de Xaneiro a súa proposta para rebaixar os impostos municipais do IBI e o ICIO.

O rexedor municipal anuncia que vai propoñer a redución ao 0,4% do tipo impositivo municipal no Imposto de Bens Immobles, que se encontra no 0,5, polo que se vai aplicar "a máxima redución que os concellos poden aplicar". No ano 2017 o gravame estaba fixado no 0,6 no concello masidao, polo que esta nova rebaixa será a segunda consecutiva.

Según Iglesias, esta rebaixa no IBI "vai supoñer que quen pagase 600 euros no 2017 pasará a pagar 400 no próximo exercicio, o que vai repercutir moi favorablemente na dinamización demográfica de Maside".

Dotra parte, o alcalde "quere darlle un maior impulso á rehabilitación de vivendas antigas en mal estado, por eso aprobarémos no pleno desta semana unha bonificación que chegará ata o 75% no Imposto de Construccións, Instalacións e Obras, ICIO".

No caso das vivendas en mal estado anteriores a 1975 terán unha redución do 50% nese 2% do coste da execución material da obra que se paga na actualidade, mentres que no caso de que a vivenda estivese en zona clasificada como casco antigo, esa redución chegará ata o 75%, según a proposta da alcaldía.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-maside-anuncia-unha-rebaixa-nos-impostos-do-ibi-e-o-icio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-maside-anuncia-unha-rebaixa-nos-impostos-do-ibi-e-o-icio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-maside-anuncia-unha-rebaixa-nos-impostos-do-ibi-e-o-icio [3] whatsapp://send?text=O alcalde de Maside anuncia unha rebaixa nos impostos do IBI e o ICIO http://copecarballino.es/novas/o-alcalde-de-maside-anuncia-unha-rebaixa-nos-impostos-do-ibi-e-o-icio [4] http://copecarballino.es/print/49682