Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Fausto Alén optará á alcaldía de San Amaro como candidato de Espazo Común

27, Marzo 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O candidato, veciño de Salamonde e xa experimentado na política municipal de San Amaro, presentase "coa ilusión de cambiar a realidade deste municipio cheo de potencialidades sen explotar por parte dos sucesivos gobernos do PP".

Fausto Alén foi voceiro do PSdeG-PSOE na etapa comprendida entre 2007 e o 2011, cando estivo moi preto de arrebatar o goberno ao anterior alcalde. Daquela acadou o mellor resultado en moitos anos dun candidato que non fose do Partido Popular.

Entre as súas propostas fundamentais están "afrontar o problema acuciante do despoboamento, a mellora na eficiencia económica do Concello e facer un especial enfáse no benestar social como piares esenciais para fixar poboación".

A xeración de emprego, ao seu criterio, debería ser prioritaria e factible, dada a ubicación xeográfica deste enclave entre Ribadavia, O Carballiño e Ourense, o que debera facilitar o asentamento de novas empresas "para o que se fai imprescindible a activación dun área de chan industrial", subliñou.

O potenciamento do Centro de Interpretación Castrexa de San Cibrao de Lás, tamén forma parte do seu plan para a xeración de postos de traballo que permitan gañar habitantes ao concello.

Alén foi arroupado nesta reunión por unha trintena de simpatizantes do Espazo Común e contou co respaldo explícito no acto do seu presidente Pachi Vázquez.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/fausto-alen-optara-alcaldia-de-san-amaro-como-candidato-de-espazo-comun

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fausto-alen-optara-alcaldia-de-san-amaro-como-candidato-de-espazo-comun [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fausto-alen-optara-alcaldia-de-san-amaro-como-candidato-de-espazo-comun [3] whatsapp://send?text=Fausto Alén optará á alcaldía de San Amaro como candidato de Espazo Común http://copecarballino.es/novas/fausto-alen-optara-alcaldia-de-san-amaro-como-candidato-de-espazo-comun [4] http://copecarballino.es/print/49911