Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A proposta foi da asociación cultural Arracada: o concello celebra este sábado o acto solemne de nomeamento de Fillo Predilecto do Irixo a Elixio Villaverde

4, Abril 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Irixo vai celebrar o sábado 6 de abril, ás 12 h., no Salón de pleno, o acto no que se fará entrega á familia da declaración de Fillo Predilecto do Irixo, a título póstumo, a D. Elixio Villaverde García .

Elixo Villaverde finou o 14 de setembro de 2018, ós 64 anos de idade, e o vindeiro 6 de abril cúmprense os 65 anos do seu nacemento no Irixo. A concesión de tal distinción foi decidida recentemente polo Pleno do Concello do Irixo por unanimidade dos seu membros en base ós seus méritos como profesor, educador, animador sociocultural, historiador, ecoloxista e galeguista. A continuación deste acto descubrirase unha placa na fachada da casa onde naceu situada na praza do concello do Irixo.

Elixio Villaverde era licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Historia tamén pola USC. Autor de libros de relevancia no campo da investigación histórica como “A Terra de Orcellón”, “Heroes e Mártires. A II República e a Guerra Civil no Barbanza”, “Ramón Martínez López pola Universalide de Galicia”, “Pioneiros na Corrente do Golfo. A primeira emigración galega a México (1837-1936)” e “Galegos en México (1878-1936) Inmigración e sociedade no alén mar”. Está pendente de editar o seu derradeiro traballo, “Arrieiros somos, Viños do Ribeiro de Avia cara a Santiago e a A Coruña por camiños de mil anos”.

Escribiu tamén os limiares de varios libros, na Enciclopedia Galega, en diversas revistas científicas e de divulgación, en diversos periódicos do Estado Español e de América. Participou en numerosas conferencias e mesas redondas. Tamén tivo unha destacada participación no documental “Avión, el pueblo ausente”.

Este recoñecemento fíxose a proposta da asociación cultural Arracada do Irixo.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/proposta-foi-da-asociacion-cultural-arracada-o-concello-celebra-este-sabado-o-acto-solemne-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/proposta-foi-da-asociacion-cultural-arracada-o-concello-celebra-este-sabado-o-acto-solemne-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/proposta-foi-da-asociacion-cultural-arracada-o-concello-celebra-este-sabado-o-acto-solemne-de [3] whatsapp://send?text=A proposta foi da asociación cultural Arracada: o concello celebra este sábado o acto solemne de nomeamento de Fillo Predilecto do Irixo a Elixio Villaverde http://copecarballino.es/novas/proposta-foi-da-asociacion-cultural-arracada-o-concello-celebra-este-sabado-o-acto-solemne-de [4] http://copecarballino.es/print/49942