Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Ademáis de lider absoluta nas Comarcas do Carballiño-O Ribeiro, o "Estudio General de Medios" sitúa a programación local de COPE O Carballiño entre as 3 de máis audiencia entre todas as emisoras de radio de Galicia

11, Abril 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Dato histórico, por vez primeira na historia do EGM unha emisora de radio que non está localizada nunha das grandes cidades e áreas metropolitanas de Galicia cólase entre as 3 máis escoitadas en horario de programación local, de 13 a 15 horas de lúns a venres.

Asi o certifica esta última entrega do "Estudio General de Medios", a programación de mediodia de COPE O Carballiño sitúase como a terceira con máis audiencia entre as máis de cen emisoras de radio de todas as grandes cadeas -COPE, SER e ONDA CERO- repartidas por toda Galicia e que emiten programación local, no mesmo horario.

No 9.91 da FM infórmanse a diario do que acontece no Carballiño e Comarca 8.000 oíntes, según acredita o EGM, aos que hai que sumar os que sintonizan esta emisora de radio a través de Internet, e CopeCarballino.es rexistra unha media de 5.000 usuarios únicos.

Ademáis, a de COPE O Carballiño, é a programación local de mediodia con máis audiencia entre todas as emisoras da CADENA COPE en Galicia.

No ámbito comarcal O Carballiño-O Ribeiro, COPE O Carballiño é o medio líder absoluto en audiencia, un liderazgo radifónico que agora se reforza con estes datos actualizados no EGM.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/ademais-de-lider-absoluta-nas-comarcas-do-carballino-o-ribeiro-o-estudio-general-de-medios

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ademais-de-lider-absoluta-nas-comarcas-do-carballino-o-ribeiro-o-estudio-general-de-medios [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ademais-de-lider-absoluta-nas-comarcas-do-carballino-o-ribeiro-o-estudio-general-de-medios [3] whatsapp://send?text=Ademáis de lider absoluta nas Comarcas do Carballiño-O Ribeiro, o [4] http://copecarballino.es/print/49971