Desenrolado por coroa.es
Os goles de Fajardo e Carlos e Dios deron a volta ao marcador nun partido no que a UD Ourense lograra adiantarse cun gol de Marquitos na primeira parte, noutra tarde de fútbol con ambientazo en Espiñedo e cun invitado de excepción, o futbolista do Español Borja Iglesias que onte marcou dous goles ao At. de Madrid.
Con este resultado o Arenteiro evita xa o descenso directo, agora o obxetivo sigue sendo escapar dos postos de posible arrastre polos descensos dos equipos galegos de Segunda B.
O partido estivo igualado na primeira parte como un típico derbi, marcou a UD Ourense e as mellores ocasións foron para o Arenteiro, e asi fumos ao descanso.
No minuto 57 chegou a xogada clave do partido, penalti cometido por Josu que ademáis motivou a súa expulsión ao impedir coa mán un remate de Hugo Sanmartín. Fajardo lanzou axustado ao pau por baixo e desta vez Pato non pudo facer nada para evitar o empate.
A partir dese momento, o partido pasou a ser un monólogo do Arenteiro, con varias ocasións ante a portería de Pato pero o gol non quería chegar, ata que xa no desconto unha enorme acción persoal de Carlos de Dios supuxo co seu golazo o definitivo 2-1 no marcador, e a conseguinte explosión de alegría na afección verde.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459783 [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-remonta-ante-ud-ourense-e-da-outro-gran-paso-cara-permanencia
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-remonta-ante-ud-ourense-e-da-outro-gran-paso-cara-permanencia
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro remonta ante a UD Ourense e da outro gran paso cara a permanencia http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-remonta-ante-ud-ourense-e-da-outro-gran-paso-cara-permanencia
[4] http://copecarballino.es/print/50094
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459783