Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Manuel Cerdeira elixido como novo alcalde do Irixo, tras o falecemento do seu antecesor Manuel Penedo

12, Agosto 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A corporacion municipal do Irixo celebrou o pleno extraordinario convocado para dar conta de forma oficial do falecemento do alcalde Manuel Penedo, toma de posesión do novo concelleiro que agora ocupa a vacante deixada na corporación polo finado, asi como a elección de novo alcalde.

Non houbo ningunha sorpresa, e tal como estaba previsto foi elixido como novo alcalde do Irixo Manuel Cerdeira, ata agora e dende fai anos primeiro tenente de alcalde.

O novo rexedor municipal recibíu os seis votos do Partido Popular, mentres que os tres concelleiros do Partido Socialista abstiveronse nesta votación.

A emotiva sesión abríuse gardando un minuto de silencio en recordo de Manuel Penedo, alcalde do Irixo durante 32 anos, falecido o pasado dia 2 deste mes de Agosto.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/manuel-cerdeira-elixido-como-novo-alcalde-do-irixo-tras-o-falecemento-do-seu-antecesor-manuel

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/manuel-cerdeira-elixido-como-novo-alcalde-do-irixo-tras-o-falecemento-do-seu-antecesor-manuel [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/manuel-cerdeira-elixido-como-novo-alcalde-do-irixo-tras-o-falecemento-do-seu-antecesor-manuel [3] whatsapp://send?text=Manuel Cerdeira elixido como novo alcalde do Irixo, tras o falecemento do seu antecesor Manuel Penedo http://copecarballino.es/novas/manuel-cerdeira-elixido-como-novo-alcalde-do-irixo-tras-o-falecemento-do-seu-antecesor-manuel [4] http://copecarballino.es/print/50798