Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello acomete a rehabilitación da antiga rectoral de Beariz para convertela en centro social. A obra conta cun orzamento de 150.000 euros.

7, Setembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello de Beariz asinou previamente un convenio de cesión por parte do Bispado, e agora, cun orzamento de 150.000 euros aportados pola Xunta de Galicia, vai permitir financiar a obra de rehabilitación, que xa está licittada e ten un prazo de execución de seis meses.

O alcalde bearicense, Manuel Prado, comentou en COPE O Carballiño que "a idea do concello dende fai tempo era dotar á capitalidade municipal dun centro social amplo" no que se poidan desenvolver todo tipo de actividades por parte da veciñanza.

A propiedade está situada na rúa principal de Beariz, fronte á Residencia de Maiores e preto da casa do concello, e á beira dun parque infantil "nunha contorna que tamén queremos acondicionar", subliñou o rexedor municipal.

Doutra parte, Prado tamén confirmou a licitación da obra de mellora na rúa Benito Táboas, na propia vila de Beariz, onde se ubica a Casa-Cuartel da Garda Civil, cun orzamento de 50.000 euros. Fundamentalmente, consistirá na reposición do firme da calzada, que está moi deteriorado.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-acomete-rehabilitacion-da-antiga-rectoral-de-beariz-para-convertela-en-centro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-acomete-rehabilitacion-da-antiga-rectoral-de-beariz-para-convertela-en-centro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-acomete-rehabilitacion-da-antiga-rectoral-de-beariz-para-convertela-en-centro [3] whatsapp://send?text=O concello acomete a rehabilitación da antiga rectoral de Beariz para convertela en centro social. A obra conta cun orzamento de 150.000 euros. http://copecarballino.es/novas/o-concello-acomete-rehabilitacion-da-antiga-rectoral-de-beariz-para-convertela-en-centro [4] http://copecarballino.es/print/51145