Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > MOI PREOCUPANTE

22, Setembro 2019 [1] [2] [3] [4]

O PP xa entrou de cheo nos comicios e hoxe márcanse unha boa macarrada nese diario que terá que devolver os 2.7 millóns da subvención de Baltar junior. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/05/28/condenan-region... [5]

Nunha doble plana, que pagamos os contribuintes, deixa perlas moi preocupantes que non vou sacar de contexto polo que deixo o enlace para quen queira poda debullalo  https://www.laregion.es/articulo/ourense/abandono-terras-vantaxe-competi... [6]

E di taxativamente referindose as ferramentas normativas que di que vai implementar: "E que funcionan mellor canto máis abandono e descoñecemento da propiedade existe. Calquera parcela sen dono nun proxecto comezaremos a xestionala. Se aparece, devolvémola. E se non, queda a Xunta con ela–antes era o Estado–. Así o propietario descoñecido deixa de ser un problema. Agora é unha vantaxe".

De materializarse esta ferramenta casi que expropiatoria da Xunta, o lío vai ser monumental. Por poñer un exemplo, todos os nosos emigrantes perderán as súas propiedades e cando retornen terán que demostrar que eran súas.

O titular da entrevista tampocuco ten desperdizo... Preocúpame o guirigai que vai montar na nosa comarca semellante macarrada. Semella que a estratexia do PP é baleirar o rural para que a Xunta poda facerce coas propiedades e deste xeito as ferramentas normativas sexan moi útiles: "O abandono de terras é unha ventaxe competitiva en Ourense" penso que estou soñando cando o leo.

¿É conselleiro ou é o CONSIGLIERI?

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/denunciacidada/moi-preocupante

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/moi-preocupante [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/moi-preocupante [3] whatsapp://send?text=MOI PREOCUPANTE http://copecarballino.es/denunciacidada/moi-preocupante [4] http://copecarballino.es/print/51337 [5] https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2019/05/28/condenan-region-devolver-dinero-cobro-diputacion-compra-archivo/00031559038644961287249.htm [6] https://www.laregion.es/articulo/ourense/abandono-terras-vantaxe-competitiva-ourense/20190922081926895202.html