Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O conselleiro de Economia, Emprego e Industria e a alcaldesa de Boborás, destacan as vantaxes que para este concello supón pertencer á rede de Concellos Emprendedores

1, Outubro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse en Santiago de Compostela coa alcaldesa de Boborás, Ana Patricia Torres. Este encontro servíu para avaliar novas vías de colaboración entre a Administración autonómica e a municipal para seguir impulsando a dinamización económica no concello de Boborás.

As políticas activas de emprego, o apoio aos autónomos e o impulso ao emprendemento foron algúns dos aspectos abordados nesta reunión, na que Conde lle agradeceu á rexedora boborense a participación na rede de Concellos Emprendedores.

Pertencer a esta iniciativa permitirálle ao concello de Boborás ter prioridade en programas de axudas vinculadas ao emprego e a formación, á dinamización comercial ou á eficiencia enerxética.

A cambio, o Concello de Boborás comprométese a rebaixas nos impostos locais de ata o 95% e a ofrecer máis facilidades no eido da tramitación administrativa para favorecer a captación de novas empresas e novos investimentos no municipio.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-economia-emprego-e-industria-e-alcaldesa-de-boboras-destacan-vantaxes-que

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-economia-emprego-e-industria-e-alcaldesa-de-boboras-destacan-vantaxes-que [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-economia-emprego-e-industria-e-alcaldesa-de-boboras-destacan-vantaxes-que [3] whatsapp://send?text=O conselleiro de Economia, Emprego e Industria e a alcaldesa de Boborás, destacan as vantaxes que para este concello supón pertencer á rede de Concellos Emprendedores http://copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-economia-emprego-e-industria-e-alcaldesa-de-boboras-destacan-vantaxes-que [4] http://copecarballino.es/print/51471