Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O concello de Leiro embelece os contedores da recollida do lixo con fotografias alegóricas do municipio

4, Outubro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello de Leiro "oculta" os contedores da recollida do lixo de forma orixinal, instalando unhos soportes pechados nos que se ubican, dotados dunha porta corrediza, e adornados con fotografias dos monumentos e lugares máis emblemáticos deste municipio.

O deseño é orixinal do coñecido artísta gráfico e pintor Juan Valcárcel, moi relacionado con Leiro, sendo dende fai moitos anos o autor do cartel oficial da Festa da Vendima.

Agora, Valcárcel é tamén o deseñador deste dispositvo ideado oculatar os contedores mostrando macrofotografías, que serven ademáis para promocionar os principais recursos turísticos que ten o concello de Leiro.

De momento, xa se instalaron os catro primeiros do total dos doce dispositivos que se ubicaran na vila de Leiro, aínda que máis adiante o alcalde Francisco Fernández non descarta darlle continuidade no resto das parroquias. 

Para esta iniciativa, o concello de Leiro contou cunha axuda da Axencia de Turismo de Galicia.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-embelece-os-contedores-da-recollida-do-lixo-con-fotografias-alegoricas-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-embelece-os-contedores-da-recollida-do-lixo-con-fotografias-alegoricas-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-embelece-os-contedores-da-recollida-do-lixo-con-fotografias-alegoricas-do [3] whatsapp://send?text=O concello de Leiro embelece os contedores da recollida do lixo con fotografias alegóricas do municipio http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-leiro-embelece-os-contedores-da-recollida-do-lixo-con-fotografias-alegoricas-do [4] http://copecarballino.es/print/51507