Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > Seis establecentos hostaleiros e adegas da Ruta do Viño Ribeiro preséntanse nun workshop en Madrid organizado por EnoTurismo Galicia

25, Outubro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A marca EnoTurismo Galicia, que agrupa a oferta enogastronómica das cinco rutas do viño galegas, será a protagonista dun workshop en Madrid, o luns vindeiro 28 de outubro.

Novotel Madrid Center será a sede desta acción profesional na que poderase coñecer a oferta de 25 empresas galegas. Ademais das seis da Ruta do Viño Ribeiro haberá nove procedentes da Ruta do Viño Rías Baixas; tres, da Ruta do Viño Ribeira Sacra; unha, da Ruta do Viño Monterrei; e cinco da Ruta do Viño Valdeorras.

Entre os convidados que xa confirmaron a súa asistencia a esta cita están axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; asociacións sectoriais; prensa; e, en xeral, profesionais dos sectores DMC e MICE.

Os asistentes rexistraranse a partir das 18:30 horas; o workshop chegará desde as 19:00 horas; e, xa ás 21:00 horas, terá lugar o acto de presentación de Enoturismo Galicia, coa presenza de Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia.

Entre os obxectivos desta actividade están promocionar Galicia como destino enoturístico e servires como punto de encontro para o sector, as súas empresas e profesionais.

O Clúster Turismo de Galicia organiza este evento, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia.

Marca xeradora de sinerxías

Impulsada polas cinco rutas do viño en colaboración co Clúster Turismo de Galicia e con Turismo de Galicia, EnoTurismo Galicia é unha marca paraugas baixo a que se agrupa a oferta en turística dos cinco vieiros do viño galegos: Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei.

O seu obxectivo é o adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permita dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do país de xeito conxunto, promocionando o enoturismo e a enogastronomía, especialmente de fronte ao exterior, así como xerar sinerxías entre as cinco rutas.

A través da súa web http://enoturismoengalicia.com [5] infórmase das novas e recursos no seu eido, neste portal tamén se ofrecen plans turísticos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/seis-establecentos-hostaleiros-e-adegas-da-ruta-do-vino-ribeiro-presentanse-nun-workshop-en

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/seis-establecentos-hostaleiros-e-adegas-da-ruta-do-vino-ribeiro-presentanse-nun-workshop-en [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/seis-establecentos-hostaleiros-e-adegas-da-ruta-do-vino-ribeiro-presentanse-nun-workshop-en [3] whatsapp://send?text=Seis establecentos hostaleiros e adegas da Ruta do Viño Ribeiro preséntanse nun workshop en Madrid organizado por EnoTurismo Galicia http://copecarballino.es/novas/seis-establecentos-hostaleiros-e-adegas-da-ruta-do-vino-ribeiro-presentanse-nun-workshop-en [4] http://copecarballino.es/print/51835 [5] http://enoturismoengalicia.com