Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro, que se adiantou cun gol de Wadir, déixase empatar no último minuto en Paiosaco

9, Novembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Todo parecía poñérselle de cara a o Arenteiro na Porta Santa de Paiosaco cando aos 10 minuto Wadir aproveitaba un regalo da defensa local para adiantarse no marcador, e máis aínda cando no minuto 43 o Paiosaco quedábase con 10 xogadores no campo ao ver cartón vermello directo un dos seus fútbolistas.

Pero o Arenteiro non soubo sacar máis beneficio que manter o 0-1 na preto de media hora de partido que xogou en superioridade, ata que no m. 68 Emilio veu doble amarelo volveu equilibrar o número de xogadores de ambos equipos, e paradóxicamente foi o Arenteiro o que tivo que xogar o último cuarto de partido en inferioridade ao resultar tamén expulsado o defensa David Suárez, tamén por doble cartón amarelo.

E cando xa parecía que o Arenteiro ía conseguir os tres puntos, chegou o gol local que igualaba o partido, xa no tempo de desconto. Cando perdoas unha e outra vez ante a portería rival, o fútbol ten estas cousas.

Con este resultado os verdes continúan nunha situación incómoda na táboa de clasificación.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc... [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-que-se-adiantou-cun-gol-de-wadir-deixase-empatar-no-ultimo-minuto-en-paiosaco

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-que-se-adiantou-cun-gol-de-wadir-deixase-empatar-no-ultimo-minuto-en-paiosaco [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-que-se-adiantou-cun-gol-de-wadir-deixase-empatar-no-ultimo-minuto-en-paiosaco [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro, que se adiantou cun gol de Wadir, déixase empatar no último minuto en Paiosaco http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-que-se-adiantou-cun-gol-de-wadir-deixase-empatar-no-ultimo-minuto-en-paiosaco [4] http://copecarballino.es/print/52003 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614772&cod_acta=614772