Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://copecarballino.es)

Inicio > A Mancomunidade de concellos súmase ao dia internacional contra a violencia de xénero con actividades para concienciar na igualdade e a coeducación

22, Novembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da segunda edición do Contacontos Familiar , cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que se levará a cabo con motivo da celebración do 25 de Novembro (Día Internacional contra a violencia de xénero), e que terá lugar as vindeiras fins de semana.

Para a conmemoración de dita data, realizarase nos diferentes Concellos mancomunados unha actividade teatral gratuíta para toda a familia, consistente na representación de diferentes contacontos: Rosalía, tod@s por igual; Turia e O Dragón; O Rosa non é unha cor; e As princesas tamén tiran peidos; coa que se pretende transmitir os valores da igualdade e da coeducación nas familias.

Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable dentro do Programa de Educación Familiar para evitar o posible futuro desenvolvemento de condutas pouco adaptativas no ámbito familiar.

A programación dos contacontos levarase a cabo nos meses de novembro e decembro, seguindo a planificación que se especifica a continuación:

BEARIZ
-Turia e O Dragon- CASA DO CONCELLO, SALÓN DE ACTOS, VENRES, 22 de Novembro, ás 18:00H

BOBORÁS
-Rosalía, to tod@s por igual- LOCAL SOCIAL DE CAMEIXA SÁBADO, 23 de Novembro, ás 17:00

SAN AMARO
-As Princesas tamén se tiran peidos- CENTRO DE SAÚDE DE SAN AMARO DOMINGO, 24 de Novembro, ás 17:00H

PIÑOR
-O rosa non é unha cor- CENTRO SOCIAL ALBARONA SÁBADO, 30 de Novembro, ás 17:00H

IRIXO, O
-Turia e O Dragon- CASA DO CONCELLO, SALÓN MULTIUSOS DOMINGO, 1 de Decembro, ás 17:00H

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://copecarballino.es/novas/mancomunidade-de-concellos-sumase-ao-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-de-concellos-sumase-ao-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mancomunidade-de-concellos-sumase-ao-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con [3] whatsapp://send?text=A Mancomunidade de concellos súmase ao dia internacional contra a violencia de xénero con actividades para concienciar na igualdade e a coeducación http://copecarballino.es/novas/mancomunidade-de-concellos-sumase-ao-dia-internacional-contra-violencia-de-xenero-con [4] http://copecarballino.es/print/52206